martes, 3 de septiembre de 2013

El vecino , Xose Fernando Varela.

XOSE FERNANDO VARELA PARADA
Vecino de "O Couto"
Seguidor del R.C.Deportivo de la coruña
Ex-concejal deportes concello de Ourense.



Resumanos un poco cual ha sido o es su implicacion en el deporte orensano.
Evidentemente, a implicación no deporte ourensán, con maior repercusión pública, foron os meus 5 anos ao frente da Concellaría de Deportes do Concello de Ourense. Practiquei baloncesto no equipo do meu barrio, un clube que se chamaba Albatros Couto e tamén practiquei futbol e rematei xogando no Panchito de Futbol veteráns.
Como amante de la base , crees que en Orense hay buenos formadores ?
Penso que en Ourense hai poucos formadores para o deporte base, históricamente as administración públicas tampouco axudaron moito para potenciar ese traballo coa base e creo que aí está a clave do pouco éxito do noso deporte, polos menos en algúnhas especialidades.
Crees que las “escuelas” de futbol , funcionan como tales ?
Hai Escolas de Fútbol que poden mellorar o seu funcionamento, ésta pregunta está relacionada coa anterior, a falla de bos formadores incide no funcionamento das Escolas de Fútbol, por outra banda, é para estar contento, por exemplo, pola creación recente de 2 Escolas de Fútbol, a de Arrabaldo e a de Velle.
Cual crees bajo tu punto de vista , lo que deberia ser una escuela de futbol ?
Vouche dar a miña humilde opinión, que para eso hai xente máis preparada. Penso que una Escola de Fútbol debe funcionar a moi longo prazo, tendo un obxectivos claros e onde primara o traballo serio e formativo para con os rapaces ou rapazas. E que tivera paciencia, moita paciencia, non podemos crear una Escola de Fútbol e quere ter xa bos resultados de inmediato, a Escola debe ter constancia e futuro, e por suposto con axudas públicas. Hoxe mesmo, acabo de ler que o Goberno de España vai gastar millóns e millóns de euros en promocionar as Olimpiadas para Madrid 2020 pero sen embargo está subvencionando o “deporte base” coa mesma cantidade que no ano 1985, impresentable.
Que opinas de la captacion maxiva de jugadores por parte de ciertos elementos en nuestro futbol base ?
Penso que o tema da captación “másiva” de xogadores por algún clubes, debería ter solución con negociacións claras entre os implicados, tamén pensó que aí a Federación debería actuar como mediador.
Danos tu opinion sobre la famosa controversia de los entrenadores titulados ?
Os adestradores deberían ter a titulación reglamentaria, agora ben, tamén as administración públicas, no senso de apoio ao deporte base, deben axudar a potenciar cursos de adestradores, figura clave para a formación de deportistas.
En que crees que acabara el conflicto arbitral orensano ?
A verdade é que non estou moi enterado da raíz do conflicto na arbitraxe en Ourense, pero como todo, o mellor xeito de arranxar o tema, será falando as partes e respetando a un coelctivo, como o arbitral, moi sufrido e tamén moi necesario para o deporte.
Crees que hay mucha ipocresia en el futbol orensano ?
Bastante, bastante hipocresía hai no deporte ourensán, e tamén bastantes clans que levan moitos anos no seu “chiringuito”. Pero tamén, é son maioría, hai moita xente no deporte de Ourense que leva anos e anos traballando desinteresadamente polo deporte e sobre todo, polo deporte base.
Dinos cual fue el mejor momento como concejal de deportes ?
O mellor momento como Concelleiro de Deportes, foi cando logramos por en marcha a reforma integral do Campo de Fútbol de O Seixo en Arrabaldo, e pensó que acertamos de pleno coa decisión, desde a posta en marcha do novo campo de fútbol, en Arrabaldo o fútbol é outra cousa, o traballo está aí. Tamén a reforma integral do Polideportivo de Oira, un pavillón completamente abandonado durante máis de 30 anos e agora é vital para deportes como o hokei ou o balonmán. O apoio que dimos ao xadrez, á ximnasia, etc, etc, etc. houbo moitos momentos importantes. Había moito por facer no deporte en Ourense.
Y el peor ?
O peor foi non poder rematar cos traballos para o inicio da construcción do Complexo Deportivo en Mariñamansa, por exemplo, tan necesario para o deporte en Ourense.
Podrias ponernos un ejemplo de lo que seria para ti un buen entrenador-monitor de base ?.
Un bó entrenador de base debe ter varias cualidades, o máis importante é ter constancia e disfrutar co seu traballo, autoridade moral e credibilidade, debe saber encauzar as emocións dos pequenos deportistas e transmitir traballo e esforzo.
Desde fuera , cual es tu opinion sobre la escuela de C.D velle ?
Polo que sei da Escola de Fútbol do CD. Velle, visto desde fóra, e que están a traballar con interés, e a verdade que desde que xe fixo a reforma do Campo de fútbol de Velle, a escola mellorou, o que demostra que unhas boas instalacións deportivas fan todo máis doado.
Por ultimo me gustaria que nos hicieses una pequeña reflesion sobre el futbol y el deporte orensano en general.
Non é fácil facer “unha pequena reflexión” sobre o fútbol e o deporte ourensán en xeral. A verdade é que o deporte en Ourense necesita un xiro de 180 graos, e o malo é que as administracións públicas están aproveitando esta “crise económica” para terminar de acabar co deporte. En Ourense necesitanse máis e mellores instalacións deportivas e por suposto, moito apoio ao deporte base, e a pesar que ti es un amante do fútbol, teño que decir que non todo é futbol , ou baloncesto, en Ourense, hai moitos máis deportes na nosa cidade que necesitan un apoio total por parte das administracións e tamén por parte da iniciativa privada, xa sei que vivimos momentos complicados, pero hai en moitas outras materias onde “meter a tixeira”.

Para rematar gostaríame animar á xente que leva moitos anos traballando no deporte base a seguir así, ese é o traballo que pode dar froitos.

*Por mi parte , conozco al señor Fernando Varela , de su epoca de concejal de deportes y puedo decir que en todas las ocasiones que me hizo falta pedir su ayuda para cualquier actividad relacionada con el futbol base , siempre octuve una respuesta positiva , por lo cual no puedo mas que agradecer su buena predisposicion hacia el deporte de base , simplemente :

¡ MOITAS GRACIAS Dº FERNANDO !

No hay comentarios:

Publicar un comentario